O 4 de outubro aprobouse a primeira concesión de uso da Marca “Produto do Eume” a AAVV Monte Forgoselo.

Despois de case dous anos de que se iniciaran os tramites para a creación da marca de calidade, o 19 de Setembro a Oficina Española de Patentes e Marcas dependente do Ministerio de Industria, aprobou o rexistro da Marca de Garantía “Produto do Eume”. Polo que unha vez analizada a documentación presentada coa solicitude e realizada a pertinente auditoría, a Xunta Directiva de EuroEume aprobou conceder a licencia de uso da Marca “Produto do Eume” á explotación gandeira da AAVV Monte Forgoselo.