O 17 de Outubro, no restaurante Casa Toñita en A Capela, realizouse unha presentación da Marca de Garantía “Produto do Eume”, que contou, entre outros, coa presenza da Conselleira de Medio Rural en funcións e do Presidente da Deputación Provincial de A Coruña.
Durante o transcurso do acto, José Castro, Presidente de EuroEume, fixo entrega a AAVV do Monte Forgoselo do certificado de autorización de uso da Marca, unha vez acreditado o cumprimento dos criterios de calidade esixidos polo Regulamento de Uso da Marca.
O final do acto serviuse unha degustación da carne así como de outros produtos do territorio.