Regulamento
O Regulamento de uso da marca de garantía Produto do Eume, establece as condicións para empregar o distintivo gráfico que garante a calidade de determinados produtos e servizos xerados, elaborados e/ou transformados nas comarcas do Eume e limítrofes.
Só poderán usar o selo como marca de garantía as persoas autorizadas pola Asociación EuroEume sempre que cumpran os requisitos establecidos no Regulamento:
- Solicitude, dirixida á ASOCIACIÓN EUROEUME, axustarase ao modelo de solicitude (descargable a continuación) e deberá acompañarse dos documentos que procedan; tanto de natureza administrativa como aqueles de natureza técnica, que se especifican no Regulamento da Marca “Produto do Eume” e os seus anexos en función da tipoloxía do demandante.
- Outorgamento da autorización, despois de verificar que se cumpren os requisitos establecidos no Regulamento (a través da análise da documentación aportada e das preceptivas visitas e inspeccións). A ASOCIACIÓN EUROEUME mediante resolución motivada, concederá ou denegará o uso da marca para os establecementos que a solicitaran
A autorización de uso da marca PRODUTO DO EUME será de aplicación unicamente para os establecementos autorizados expresamente, nas condicións e forma específica sinaladas na correspondente autorización.
A reprodución da marca deberá axustarse con exactitude as características técnicas e gráficas da Marca aprobadas pola Asociación EUROEUME.
Medidas de control
Os produtos aos que se aplique a marca de garantía deberanse someter a un control externo por parte de EuroEume, que se realizará previamente á autorización, e unha vez concedida de forma periódica, polo que as entidades ou persoas autorizadas a utilizar o selo de Produto do Eume deberán facilitar o acceso do persoal indicado pola entidade xestora da marca ás súas instalacións.
Regulamento de uso da marca de garantía Produto do Eume (PDF)
Requisitos de concesión
Para obter a licenza de uso da marca Produto do Eume hai que cumprir as seguintes fases:
- Presentación da solicitude e da documentación básica.
- Procedemento de concesión. Auditorías e ensaios.
- Proposta de concesión.
- Concesión da marca.
Documentación básica
As empresas que soliciten o uso do selo de garantía deben presentar a seguinte documentación:
- Escritura de constitución ou documento que acredite a súa personalidade.
- NIF o CIF.
- Solvencia económica e financeira (balances, contas de explotación e contas anuais).
- Certificación das obrigacións tributarias e da Seguridade Social.
EuroEume poderá solicitar calquera outra información que estime pertinente, tanto para a concesión inicial do dereito de uso da marca como con posterioridade.
Solicitude
A solicitude, deberá acompañarse á mesma dos documentos que se especifican;
- de natureza administrativa: NIF, DNI do representante legal, acreditación da representación, certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias e fiscais
- de natureza técnica que procedan en función do demandante: CEA, Rexistro Sanitario, APPCC ou Guía de boas prácticas hixiénicas, memoria na que se describan os puntos relacionados no modelo de solicitude, así como calquera outro que, a xuízo do solicitante, permita acreditar o cumprimento dos requisitos esixidos para o uso da marca.