Medio Rural autoriza o uso da marca “Produto do Eume”

16 Marzo, 2016|Produto do Eume|

Este informe favorable é necesario para que a asociación promotora desta marca poida rexistrala na Oficina Española de Patentes e Marcas. Así llelo comunicou a Directora Xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, aos responsables da Asociación Euroeume, promotora desta iniciativa. Este colectivo será o titular e responsable desta nova marca, que ten como finalidade achegar ao consumidor produtos ou servizos de calidade autorizados por Euroeume, así como facer promoción deles, promovendo o seu prestixio e imaxe.