[Diario de Ferrol] A aula comedor do IES Fragas do Eume de Pontedeume acolleu onte o acto de presentación de marca “Produto do Eume” que a asociación Euroeume promove en colaboración coa Deputación da Coruña, e a cuxa rede de “embaixadores” súmase agora o centro educativo a través dun convenio para apoiar o proceso de difusión da marca.

Segundo avanzou onte o xerente da entidade, Miguel Teixido, a colaboración concretarase non só na formación para futuros restauradores, aos que se lles dará a coñecer estes produtos, senón a profesionais externos para que os utilicen. “Ademais o instituto fomentará a investigación en torno aos produtos que se comercialicen baixo a marca Produtos do Eume co fin de coñecer as súas características e elementos diferenciadores”, indicou Teixido.

Ata o momento a marca aplicarase ao mel e á carne, sobre os que onte tamén se deu a coñecer a súa regulamentación, así como o logotipo da marca, aínda que desde Euroeume esperan que aos poucos se vaian sumando máis propostas dos productores da zona. E é que como indicou, a marca non só sevencellará ás comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal senón que tamén se estenderá a localidades limítrofes como Betanzos e algunhas localidades lucenses colindantes coas Pontes. O acto de onte contou coa presenza de varios rexidores da zona, entre eles os de Pontedeume, Cabanas, A Capela e Vilarmaior.

Tralo acto de presentación os asistentes gozaron dunha degustación de viandas a base de produtos da zona e elaborados polos alunos da propia escola